David Arcay conciencia o alumnado de Pastoriza e Bretoña sobre a importancia da pesca sostible

TerraChaXa
O cinco veces campión do mundo de pesca con mosca impartiu unha charla ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria dentro do programa 'Pescamos e Coidamos'
pescamos-e-coidamos-pastoriza
23 Oct 2026

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria dos centros educativos CEIP O Salvador de Pastoriza e CEIP de Bretoña participou nunha actividade de sensibilización ambiental impartida polo pescador David Arcay, cinco veces campión do mundo de pesca con mosca. A sesión enmarcouse no programa Pescamos e Coidamos, impulsado pola Xunta de Galicia para promover o respecto pola natureza e a conservación dos ecosistemas acuáticos.

Durante o encontro, Arcay ofreceu unha charla sobre a importancia da pesca sostible e contribuíu a concienciar os escolares sobre os riscos que supón non coidar os ríos e os mares. O alumnado puido coñecer mellor as especies que habitan os ríos galegos, así como a necesidade de protexer o medio natural para garantir a súa conservación de cara ás vindeiras xeracións.

A actividade tamén abordou a pesca sen morte como unha práctica responsable e respectuosa coas especies. Ademais, os estudantes tiveron a oportunidade de asistir a unha exhibición de lanzamento de pesca, coa que o deportista amosou algúns aspectos desta disciplina.

A iniciativa contou coa colaboración dos dous centros educativos e buscou achegar aos máis novos a importancia de manter os ecosistemas acuáticos en bo estado e fomentar hábitos responsables para contribuír á conservación dos ríos galegos.

0.15067291259766