De Bares celebra o Samaín en Guitiriz cunha ruta do tesouro terrorífica e sorteos de premios

TerraChaXa
A iniciativa comezará o 31 pola tarde coa Ruta do Tesouro Terrorífica, que se desenvolverá entre as 19.30 e as 22.00 horas
samanin-debares-guitiirz
28 Oct 2026

A asociación de hostalaría De Bares de Guitiriz preparou para este sábado 31 de outubro unha programación especial para celebrar o Samaín, con actividades dirixidas tanto aos máis pequenos como aos adultos e co obxectivo de dinamizar os establecementos locais.

A iniciativa comezará pola tarde coa Ruta do Tesouro Terrorífica, que se desenvolverá entre as 19.30 e as 22.00 horas. A proposta está pensada para o público infantil e permitirá participar nun percorrido por catro locais hostaleiros do municipio: Xoldra, Titanic, Korreo e O Galo Checo.

A programación completarase con sorteos de agasallos destinados ás persoas adultas que consuman nos establecementos participantes durante esa xornada. En total, repartiranse seis bonos de 30 euros cada un para gastar nos bares adheridos á iniciativa: Xoldra, Titanic, O Galo Checo, Soa, Zeus e A Capela.

Con esta proposta, De Bares busca impulsar a actividade hostaleira e ofrecer novas alternativas de lecer vinculadas á celebración do Samaín, ao tempo que anima a veciñanza a achegarse aos negocios do municipio.

0.15439319610596