Dende Trabada facendo o Camiño Norte

TerraChaXa | AMariñaXa
12 abr 2019
A asociación de sendeirismo Trabada, paso a paso organiza unhas etapas para abril e maio do Camiño Norte de Santiago dende o concello.
Aínda que xa comezaron, podese apuntar quen queira. A próxima, o 14 de abril, será a etapa de Baamonde a Friol, o seguinte domingo será a de Friol a Sobrado; o domingo 28 Sobrado a Arzúa; o 12 de maio tocará a de Arzúa a Pedrouzo e xa por último a de Pedrouzo a Santiago para o día 19 de maio.