Denuncian o "caos de seguridade" no Santo Anxo de Rábade

TerraChaXa | LugoXa
A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira denuncia a situación na que se atopan os servizos de seguridade.
santo anxo rabade
5 Feb 2022

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) denuncia a situación de “autentico caos” na que se atopan os servizos de seguridade contratados polas administracións galegas con Mersant Vixilancia. Nos centros de menores como o de Avelino Montero de Pontevedra ou o de Santo Anxo en Rábade, a empresa non está a deixar quendas descubertas e deixando as instalacións sen seguridade.

Iván Blanco, secretario de Organización Estatal da FTSP-USO: “Nin a Xunta de Galicia nin o Concello da Coruña, principais contratantes en Galicia da empresa Mersant, están a actuar coa contundencia debida cando van tres nóminas impagadas aos vixiantes de seguridade e os servizos xa non son cubertos”.

Esta empresa é adxudicataria de servizos de seguridade dependentes da Consellería de Política Social, ademais do Concello da Coruña, Sergas, Consorcio da Cidade de Santiago e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) entre outros.

Desde a FTSP-USO xa presentaron denuncias ante a Delegación do Goberno polos servizos descubertos, ademais das correspondentes á falta de pagamento ante a autoridade laboral. Ademais, seguen coas convocatorias de concentracións en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, estando programada a próxima xornada reivindicativa para o 18 de febreiro ante o Centro de Menores Avelino Montero (Pontevedra) en horario de 11:30 a 13:30.

Paralelamente seguen tentando que as correspondentes administracións tomen cartas neste asunto con diversos contactos con partidos políticos e responsables dos contratos. Estes contactos ata a data deron escasos resultados, dando unha sensación de inacción por parte dos organismos contratantes destes servizos de seguridade afectados.

0.18748211860657