Deportes da Deputación destina medio millón de euros a clubs da provincia

TerraChaXa
A área de Deportes da Deputación Provincial distribuirá medio millón de euros en axudas a clubs e entidades de base a través dunha liña de axudas de concorrencia competitiva aprobada este venres en Xunta de Goberno.
22 Aug 2020

A área de Deportes da Deputación Provincial distribuirá medio millón de euros en axudas a clubs e entidades de base a través dunha liña de axudas de concorrencia competitiva aprobada este venres en Xunta de Goberno.

A convocatoria, que pretende promover o deporte en todo o territorio e entre todos os sectores de poboación, adaptouse á situación en que se atopan os clubs por mor da Covid 19 que, ademais de parar as competicións federadas, obrigou a suspender outros eventos deportivos.

Así, o groso das axudas destinarase a sufragar gastos de actividade das entidades. “Tratamos de adaptar a convocatoria á situación vivida nestes meses, nas que non se puideron rematar as competicións nin realizar grandes eventos. De feito, a maior parte das axudas, 470 mil euros, destínanse á actividade dos clubs. Aí, ademais dos gastos derivados das competicións federadas como viña sendo habitual, inclúense tamén gastos relacionados coa creación e mantemento das webs e redes sociais e tamén a compra de material de proteccion fronte á Covid”, explicou Maite Ferreiro na rolda de prensa para dar conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno.

A vicepresidenta remarcou “a importancia destas achegas para o tecido deportivo da provincia, para os clubs de base, que dependen en grande medida destes recursos para manter a súa actividade. Unha labor que vai máis aló do estritamente deportivo, porque os clubs de base facilitan a práctica deportiva de nenas e nenos e son tamén un espazo de socialización e convivencia”.

Axudas entre os 300 e 50000 euros

As achegas, que se poderán solicitar a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, oscilan entre os 300 e os 5.000 euros. A concesión de axudas, en rexime de concorrencia competitiva, valorará criterios obxectivos como o rendemento, ou a incidencia social do club, tendo en conta tamén criterios sociais como o fomento da igualdade e a integración. Deste xeito, primarase aos equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidades diferentes. Tamén a aqueles que sexan de concellos con menos de mil habitantes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13252401351929