Deputación e Goberno desenvolven un plan de emprego para xerar 50 postos de traballo e 6 empresas no rural

TerraChaXa | AMariñaXa
A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informou que o Goberno da Deputación porá en marcha, en colaboración co Goberno Central, un novo plan para a xeración de emprego no rural da provincia.
14 Xan 2019

A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informou que o Goberno da Deputación porá en marcha, en colaboración co Goberno Central, un novo plan para a xeración de emprego no rural da provincia. Trátase dun proxecto dotado de 200.000 euros cos que os concellos poderán solicitar axudas para formar a rapaces de 16 a 30 anos de idade, e insertalos laboralmente. A través desta programación, dirixida a un total de 55 concellos da provincia, todos eles de menos de 5.000 habitantes e con saldo vexetativo negativo nos últimos 10 anos; espéranse crear un mínimo de 50 novos empregos e 6 novas empresas.
López Izquierdo explicou “por vez primeira, unha administración pública a nivel estatal, como é o Goberno do Estado, mostra preocupación polo rural, e pola xeración de emprego. Grazas ao Real Decreto 1234/2018 aprobado polo Executivo de Pedro Sánchez ofrécense novas solucións para o rural, a través de subvencións directas ás propias entidades locais que son as que mellor coñecen as necesidades do seu territorio”.
A deputada apuntou que “dende o Executivo Provincial buscamos crear un mínimo de 50 novos empregos e 6 empresas, e cumprir así os obxectivos marcados con esta programación. Este é o mínimo que establecemos, que incrementaremos con máis fondos no caso de poder crear novos postos de traballo no rural lucense. O que buscamos é xerar emprego nos municipios da nosa provincia e facer fronte a un dos problemas máis importantes aos que nos enfrontamos: o despoboamento”.
Esta programación contempla varias liñas de actuación:
- Formación a mozos de entre 16 e 30 anos, que deberán estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. Os mozos seleccionados para formar parte deste programa recibirán formación gratuíta en distintos sectores punteiros na provincia e recibirán unha beca durante o tempo de aprendizaxe. Deste xeito, únese a demanda existente no tecido empresarial da provincia coa oferta, cubrindo o posto de traballo cun perfil formado na materia que necesitan. As empresas que participen nesta programación tamén recibirán axudas.
- Fomento do emprendemento. Entre os rapaces participantes neste proxecto, impulsarase o autoemprego e o emprendemento, ofrecendo axudas a mozos que teñen unha idea clara de negocio e queiran poñela en marcha

0.090524911880493