Despedida en Foz a 'Pipo, o pintor'

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
30 Xuño 2019


Un grupo de mariñáns organizou a finais de xuño o cumpreanos e a despedida de deceas de anos de traballo, do pintor nado en Mondoñedo, pero residente en Foz, José Ramón Longarela Rúa, 'Pipo'.
Amigos e tamén clientes deste profesional mariñán xa retirado do seu traballo como pintor quixeron rendirlle unha homenaxe polo seu bo facer, cunha comida, que tivo lugar a finais de xuño, en O Lar de Foz. Aproveitaron que o mindoniense cumpría os 80 anos.

0.10907196998596