Dez equipos participaron na I Carreira Greenpower, na que os das Pontes obtiveron un terceiro posto

TerraChaXa
O Team Cantabria Fuente Fresnedo de Laredo foi o gañador nas dúas cartegorías
as-pontes-greenpower-foto-familia
Foto de familia dos participantes
10 Xuño 2024

A I Carreira Greenpower de Galicia reuniu no circuíto de karting das Pontes, a 10 equipos de Galicia, Asturias, Cantabria e de Madrid. O campionato estivo organizado pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), baixo o paraugas do Campus Industrial da Universidade da Coruña e en colaboración con As Pontes Motorsport.

O Team Cantabria Fuente Fresnedo de Laredo foi o gañador desta carreira na categoría F24+ (de 16 a 25 anos). O segundo premio foi para Abrente Gp, do IES O Ribeiro de Ribadavia e o terceiro para Kastro Sport Team do IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes.

A categoría F24 (de 11 a 16 anos) tamén estivo liderada polo Team Cantabria Fuente Fresnedo de Laredo.

O segundo posto foi para Tajamar – Black Sparks do Colegio Tajamar de Puente de Vallecas de Madrid e o terceiro para Comet Gen da Asociación Llume Yerbata de Bimenes, en Asturias.

O equipo EPEF Racing Team, integrado por estudantes de grao e mestrado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acadaron a mención"Best Engineered Kit Car na carreira.

0.18769693374634