Dhogs recibe o premio da crítica no Festival de Bruxelas

TerraChaXa
A película galega Dhogs vén de recibir o premio da crítica do Festival Internacional de Cine Fantástico de Bruxelas (BIFFF), un dos máis importantes do mundo neste xénero.
gos_bruxelas
16 Apr 2018

A película galega Dhogs vén de recibir o premio da crítica do Festival Internacional de Cine Fantástico de Bruxelas (BIFFF), un dos máis importantes do mundo neste xénero.

O filme dirixido por Andrés Goteira é a película máis laureada na historia dos premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego conseguindo 13 estatuillas en 15 categorías. Ademais, anteriormente foi galardonada ao Mellor Largometraxe nos festivais Split de Croacia; Nocturna de Madrid, no que tamén recibiu o premio ao mellor actor Carlos Branco, e no Algeciras Fantástica.

Dhogs ten un amplo percorrido en festivales nacionais e internacionais e foi a primeira película rodada en galego en chegar á Sección Oficial do prestixioso Festival de Sitges.

O próximo 18 de maio estrearase en cines con preestrenos o día 17 de maio con motivo da celebración das Letras Galegas.

0.16137981414795