Dime de que presumes....e direiche cales son as túas frustracións

TerraChaXa
Por Marta R.
Marta Rodríguez Engroba
17 Aug 2018

Por Marta R. Engroba - Asociación. Si, hai saída.

Eu non son moi afeccionada as redes sociais, Non poño en dúbida as súas bondades e recoñezo que nalgúns aspectos poden ser útiles e mesmo divertidas, pero,  malia que poida soar un pouco trasnoitado, eu continúo avogando polas relacións cara a cara, polas conversas nas que as persoas se miran aos ollos

Ainda así, son consciente de que resulta moi difícil, ou case imposible, sustraerse ao seu uso, e a min mesma, por mor, eso si, principalmente da miña actividade, non me quedou outra que claudicar, e utilizar unha delas, concretamente facebook.

Unha vez que comecei a utilizala, non vou negar que, ademais de facelo para publicar e recibir  artigos e novas relacionados co meu traballo en violencia de xénero, non podo evitar botarlle algunha que outra ollada por simple entretemento , e, case desde o comezo, houbo algúns aspectos da actividade nesta rede que me chamaron poderosamente a atención, principalmente dous deles.

O primeiro, a enorme, por non dicir desmedida, afección que teñen non poucas persoas por facer públicos case todos os seus movementos dun xeito que, as veces, non soamente deixan ao descuberto aspectos das súas vidas que deberían pertencer, na miña opinión, ao seu ámbito mais privado, senón que rozan ou directamente redundan na imprudencia, xa que dan cumprida conta de todos e cada un dos seus movementos.

As súas saídas, viaxes, momentos de lecer, mesmo os que disfrutan no seu fogar, amén das súas relacións, e calquera actividade, por cotián e común que sexa, son fielmente plasmadas nos seus posts, con documentación gráfica, claro está, polo cal todos coñecemos aos seus amigos, familia, e ata as súas mascotas. De feito, estas últimas son as que mais fotografías acaparan.

Todas cantas recomendacións se dan sobre o perigo destas prácticas son inútiles. Tanto é así, que se alguien pretendera roubar na casa dalgunha destas persoas non tería que molestarse en vixiar o seu domicilio para averiguar cando se vai a ausentar. Abondaría con seguir o seu facebook e axiña estaría ao tanto de cando sae dela, de donde se atopa a cada momento, e cando vai regresar, así que pode poñerse a faena e rapinar canto queira con total tranquilidade.

O segundo, e neste ten así mesmo bastante que ver o feito de que vivo nunha cidade relativamente pequena, na que case todos nos coñecemos, as relacións tan felices e de inquebrantable armonía que plasman nas súas publicacións donde nos contan as súas xuntanzas, celebracións, etc, etc., ademais do moito que se queren, da concordia que reina entre eles e da inquebrantable unión que rixe as súas relacións.

Isto por sí mesmo non tería nada de relevante de non ser porque a moita desta xente a coñezo prácticamente de toda a vida, e, en moitos casos, sei que o que están a contar e pouco menos que ciencia ficción.

Ainda así, eu, que non sei se por sorte ou por desgraza, adoito ter os pes bastante ben asentados no chan, non podo evitar plantexarme que algo debín facer moi mal nesta vida ,porque mentras a miña estivo sementada de traspés, problemas e tamén ledicias, vamos, o que ben sendo unha vida normal, a desta xente, non sei en que momento, transformouse nun conto de fadas no que todo é amor, diversión e festa.

Os que non se falaron durante décadas, aparecen agora nas fotos abrazadiños berrándolle ao mundo o moito que se queren. Os que andaban espallados, cada quen por donde desexaba ou podía, pero sempre evitando atoparse co resto da prole, forman de súpeto un grupo compacto, unha piña, como dín eles.

As paellas e o turrón compartidos, según as datas, quedan plasmados para a posteridade nesas fotos pragadas de apertas e sorrisos, que a min, persoalmente, me fan preguntarme en qué momento faltei do mundo e pegou, xa non un xiro senón unha volta radical, e agora é un espazo onde soamente se respira felicidade e paz e no que, a vista está, eu caín por accidente, porque teño os meus bos momentos, claro que sí, pero tamén as miñas feridas, os meus desencontros e mais dun día unha sensación de soedade por mor de circunstancias que me foron alonxando de persoas que  nalgunha etapa da miña vida foron importantes para min.

Debo admitir que nalgunha ocasión, sobre todo nos momentos baixos, non podo evitar caer na trampa de crer que todo eso que estou a ler nesa rede social transmisora  da mais pura felicidade é certo , pero, afortunadamente, a sensatez acaba por impoñerse e por demostrar que toda esa bonanza que sae nas fotos e nos almibarados posts  non son, en gran parte dos casos, a realidade que os seus protagonistas viven, senón a que desexarían vivir.

Que as súas vidas teñen as mismas miserias que as miñas, e, as veces, maiores.

Non todo o que se publica é mentira, evidentemente, pero, o que si é certo, lle pese a quen lle pese, e que, en moitísimas ocasións, eses alardes de ledicia, de concordia, non son mais que o intento de agochar outra realidade ben distinta a que non gusta enfrontarse, ou non se é quen.

En definitiva, dime de que presumes, e direiche cales son as túas frustracións, ou, polo menos, algunhas delas.

0.15533709526062