Donalbai, en Begonte, estará de festa sábado e domingo

TerraChaXa
A xornada festiva dará comezo o sábado ás 13.15 horas coa misa solemne e sesión vermú coa orquestra Florida
festas-donaibai-begonte
7 Jul 2026

A parroquia de Donalbai, en Begonte, estará de festas esta fin de semana do 11 e 12 de xullo na honra a San Cristóbal.

A xornada festiva dará comezo o sábado ás 13.15 horas coa misa solemne e sesión vermú coa orquestra Florida que, ademais serán os encargados de amenizar a gran verbena da noite xunto ao dúo Explosión.

O domingo, o oficio relixioso será ás 12. 30 horas, seguido dunha sesión vermú de fin de festa, amenizada de novo polo dúo Explosión.

0.10804986953735