Dous bronces para a loita vilalbesa no campionato de España sénior

TerraChaXa
Catriel Pehuén en menos de 125 kgs e Ramón Monasterio en menos de 97 fixéronse cos metais
loita-olimpica-vilalba-senior
Deportistas de Vilalba participantes no campionato de España
10 Xuño 2024

Esta fin de semana celebráronse en Santiago os campionatos de España Sénior de loitas olímpicas sendo varios os loitadores vilalbeses que se desprazaron ao pavillón de Santa Isabel para representar a Galicia.

Destacaron Catriel Pehuén en menos de 125 kg, que gañou 3 combates tendo que retirarse en semifinais no pase á final por molestias no cóbado, aínda así acadou o bronce para o equipo galego.

Ramón Monasterio tamén acadou un prezado bronce para Galicia en menos de 97 kg. Finaliza así unha magnífica tempada na que retomou a competición dende a pandemia.

A outra participación vilalbesa veu da man de Xiao Seoane en menos de 65 kg que sendo aínda júnior participou por primeira vez nun Campionato de España facéndoo nada máis e nada menos que na categoría sénior, onde acadou o décimo posto.

A Santiago non puideron asistir José Cuba nin Carlos Yobani por lesión, deixando a Galicia sen ouros en libre olímpica nesta edición. Os únicos ouros para o combinado galego acadáronse en Libre Feminina da man de Lydia Pérez (Pontevedra) e Nerea Pampín (Keltoi de Vila de Cruces).

0.18450903892517