Dous cadetes do clube ribadense de tenis de mesa gañaron o campionato provincial

TerraChaXa | AMariñaXa
28 Maio 2019

Ricardo Villapol Rabanal e Raúl García Vizoso, da Sociedad Deportiva Ribadeo Tenis de Mesa, gañaron o campionato provincial escolar cadete deste deporte, celebrado o pasado fin de semana en Vilalba.
En categoría infantil, Hugo Pardo e Javier López Menéndez, do clube ribadense, acadaron o terceiro posto.
Por outra banda, outra integrante da Sociedade Deportiva, Ana Covadonga Rodríguez Marqués, participou no campionato galego xuvenil, celebrado en Narón este pasado sábado, 25 de maio, e foi eliminada nos oitavos de final.

0.18792104721069