Dous feridos nun accidente na LU-541 en Begonte

TerraChaXa
Se ao mediodía un coche daba varias voltas de campana na A-6 á altura do municipio de Guitiriz, ás catro e media da tarde rexistrábase outro accidente no termo municipal de Begonte.
estrada
estrada
4 Dec 2017

Se ao mediodía un coche daba varias voltas de campana na A-6 á altura do municipio de Guitiriz, ás catro e media da tarde rexistrábase outro accidente no termo municipal de Begonte.

O CIAE era informado dun choque entre dous turismos que circulaban pola LU-541, á altura do punto quilométrico 9, con dous feridos. Nada máis recibir a chamada do alertante, o 112 Galicia informou ademais de ao persoal sanitario, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilalba e ao GES de Guitiriz.

Tamén foi precisa a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.

0.18186783790588