Dous rapaces da Chaira, premiados no certame provincial de poesía
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiou a 14 rapaces e rapazas que resultaron gañadores da fase provincial do certame de poesía Nadal 2017, convocado pola Biblioteca Nodal en colaboración cunha vintena de bibliotecas públicas da provincia.
A entrega de premios celebrouse hoxe no salón de actos da Biblioteca Nodal e contou coa participación do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro. Nese mesmo acto presentouse o libro que recolle os traballos gañadores do pasado ano.
Estes premios teñen unha fase local, na que cada biblioteca recoñece os mellores traballos presentados no seu ámbito e remíteos para competir na fase final que se dirime na Biblioteca Provincial de Lugo.
O xurado da fase provincial estivo integrado pola xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Consellería de Cultura e Educación, María José Gómez Rodríguez; a directora da Biblioteca Pública Provincial, Elena García, a escritora Marica Campo, e o xornalista Xulio Xiz, que actuou como secretario. O nenos e nenas premiados nas distintas categorías a concurso son os seguintes:
Categoría A (Ata 8 anos):
- Felipe Martín De Burgos. 7 anos. Biblioteca Municipal de Barreiros
- Candela García Rodríguez. 7 anos.Biblioteca Municipal das Nogais
- Pablo García Martínez. 7 anos.Biblioteca Municipal de Foz
Accésits:
- Sofía Rodríguez González. 7 anos. Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos
Categoría B (9 A 11 Anos):
- Samuel Maceira Carreira. 10 anos. Biblioteca Municipal de Xermade
- María Vila Rochela. 9 anos. Biblioteca Municipal de Quiroga
- Noa López Tallón. 9 anos. Biblioteca Municipal de Sarria
Accésits:
- Uxía Arnejo Rolle. 10 anos. Biblioteca Municipal de Viveiro
Categoría C (12 a 16 anos):
- Nuria Devesa Núñez. 13 anos. Biblioteca Pública de Lugo
- Luana Valiña Piñeiro. 12 anos. Biblioteca Municipal de Sarria
- Mª Ángeles Corredoira Díaz. 14 anos. Biblioteca Municipal da Pastoriza
Accésits:
- Miguel Rodríguez Sánchez. 14 anos. Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos
- María Anastasia Fernández Martínez. 13 anos. Biblioteca Municipal de Foz
- Claudia Carril Cabaleiro. 12 anos. Biblioteca Municipal de Lourenzá
Os premios están dotados con estatuíña de Sargadelos, lote de publicacións e diploma. Os accesits, que se conceden pola calidade e cantidade dos traballos presentados, con lotes de publicacións e diploma.