Dous residentes do Asilo de Vilalba celebran a súa lonxevidade

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, acompañada polo concelleiro Luis Fernández, visitou o Hospital Asilo para felicitar persoalmente a dous dos seus residentes que celebran importantes aniversarios.
Por unha banda, Armando Basanta, natural da parroquia de Lanzós, incorporouse ao exclusivo grupo de centenarios vilalbeses, soprando nada menos que 100 candeas.
Pola outra, Nicasia Criado celebrou os seus 105 anos, consolidándose como a veciña máis lonxeva do municipio, nun día cheo de emocións e agarimo.
Desde o Concello trasladáronlles os parabéns máis afectuosos a ambos, en nome de toda a veciñanza, por estas vidas cheas de historias, memoria e exemplo.