Dúas ducias de establecementos sortearán vales no IX Mercado de Nadal de Muimenta

TerraChaXa
A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta que engloba a gandeiros, profesionais e autónomos impulsará un ano máis o “Mercado de Nadal”.
Muimenta   praza
2 Nov 2017

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta que engloba a gandeiros, profesionais e autónomos impulsará un ano máis o “Mercado de Nadal”.

Esta novena edición da campaña para incentivar as compras de Nadal nos negocios da parroquia que xurdía no 2009, comezará o vindeiro luns 11 de decembro e rematará o venres 5 de xaneiro do 2018 (Día da Cabalgata de Reis). Durante este tempo os clientes dos 24 establecementos participantes recibirán papeletas para o sorteo de vales de compra. Os posuidores das papeletas cos tres últimos números do primeiro premio da Lotería de Reis que se celebra o vindeiro 6 de xaneiro recibirán cadanseu vale de 100 euros que deberá ser consumidos, coma sempre, nos negocios que pertencentes ao colectivo empresarial nos 30 días posteriores a súa entrega.

Este ano redúcese o período para que os gañadores dos vales se dean a coñecer aos membros da Xunta Directiva ou do negocio que lle entregou dita papeleta para facer entrega do vale do premio. Será antes de que remate o luns 15 de xaneiro.

0.16733002662659