Dúas ducias de negocios de Muimenta reparten 1.400 euros entre os seus clientes no IX Mercado de Nadal
A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, segue coas súas actividades para este mes de decembro no que xa é habitual comezar a campaña de Nadal.
Así, durante esta semana, procedeuse ao reparto dos cento corenta talonarios que se repartiran na novena edición da Mercado de Nadal entre o luns 11 de decembro e o vindeiro venres 5 de xaneiro do 2.018 mediante o que se repartirán 14 vales de 100 euros cada un -a consumir nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial de Muimenta- entre as persoas posuidoras das papeletas cos números que coincidan cos tres últimos do primeiro da Lotería de Reis.
As 1.400 euros serán repartidos entre os clientes de 24 negocios de Muimenta: Asesoría Suliña, Calzados Iglesias, Desexos, Discoteca Hermo, Dulcería Anllo, Estanco José Raúl Rodríguez Vázquez, Farmacia Crecente, Ferretería Carlos, Ferretería Muimenta, Fisioterapia Nancy Maseda, Marquel, Mercedes Abelleira Riveiro, Mercería Teresa García, Óptica Filo, Panadería Hermo, Perruquería Ofelia, Perruquería Raquel, Perruquería Velica, Piensos Germán Naval Lage, Super Setti, Supermercado Día, Talleres Álvaro Engroba, Talleres Morán e o veterinario José Pena Peteiro.