Educación analiza as novas necesidades de persoal formado na FP en Ferrol a raíz da implantación de SAIC Motor

GaliciaXa | TerraChaXa
A directora xeral de Formación Profesional visita as instalacións xunto co presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e reúnese coa empresa Pérez Torres Marítima
educacion-saic-ferrol
23 Jul 2026

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visitou hoxe o Porto de Ferrol co fin de analizar e determinar os perfís profesionais que se van necesitar no futuro para traballar no porto de Ferrol a raíz da implantación da multinacional do sector do automóbil SAIC Motor.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP visitou as instalacións acompañada polo presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José Antonio Álvarez, para comprobar os labores que se están levando a cabo, como é o caso dos estibadores, un dos sectores máis demandados a partir de agora.

Ademais, mantivo unha reunión de traballo coa empresa Pérez Torres Marítima, unha das máis importantes do Porto, que traballará directamente coa firma chinesa, para avaliar as necesidades de persoal e a formación e cualificación que se pode reforzar a través da FP galega. Na xuntanza tamén participou o director do Centro Integrado de FP Ferrolterra, Enrique Pazo, un centro referente das ensinanzas de Formación Profesional na comarca.

0.13754200935364