Educando en familia falará de acoso e novas tecnoloxías en Castro

TerraChaXa
Educando en Familia organiza unha charla sobre o risco no uso das novas tecnoloxías e o acoso escolar dirixida ás familias do termo municipal.
novas tecnoloxias nenos
novas tecnoloxias nenos
10 Maio 2021

O Concello de Castro de Rei xunto con Educando en Familia organizan unha charla sobre o risco no uso das novas tecnoloxías e o acoso escolar dirixida ás familias do termo municipal.

Nesta sesión formativa, que terá lugar o vindeiro mércores, 12 de maio, ás 16.00 horas na biblioteca Trapero Pardo de Castro Ribeiras de Lea, abordaranse contidos relacionados co bo uso, sen abuso, seguro e responsable das novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) por parte dos fillos/as e o acoso escolar.

A charla será impartida polos formadores do corpo da Garda Civil Héctor Méndez Fernández e Ramón Peña Pérez.

O obxectivo desta charla é ofrecer ás familias recomendacións útiles sobre o uso que se fai das novas tecnoloxías é reflexionar sobre como se pode protexer aos máis pequenos e educalos nun uso seguro e responsable das mesmas. Así mesmo, explicarase en qué consiste o acoso escolar e como se pode previr, axudando así aos nenos a poder detectalo e como superalo.

0.19468402862549