Eme de Meira organiza o seu magosto anual o sábado

TerraChaXa
A xornada festiva dará comezo ás 16.30 horas coa proxección do documental 'Crónicas dun Non!'
magosto-meira
29 Oct 2026

O colectivo Eme de Meira organiza o seu propio magosto o sábado 31 de outubro no local O Centro. A xornada festiva dará comezo ás 16.30 horas coa proxección do documental Crónicas dun Non!.

Ás 18.00 horas, os máis pequenos poderán gozar do espectáculo musical de Chuches Amil. A programación rematará ás 19.00 horas coa actuación do grupo tradicional Asubíos da Chaira, que poñerá o broche final a esta xornada.

Desde a organización convidan a toda a veciñanza a participar nesta celebración e a gozar dunha tarde chea de música e diversión.

0.1568078994751