En Marea solicita un xulgado do Social para Lugo

TerraChaXa | LugoXa
O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para demandarlle á Ministra de Xustiza, Dolores Delgado, un novo Xulgado do Social para Lugo.
1 Jan 2019

O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para demandarlle á Ministra de Xustiza, Dolores Delgado, un novo Xulgado do Social para Lugo.

Explica o deputado de En Marea que ao longo desta lexislatura “téñome dirixido en anteriores ocasións ao Goberno para trasladarlle as carencias de Lugo en materia de xustiza co obxectivo de que se aproben novos órgaos xudiciais”. Mais, lamenta, “as insuficiencias non se afrontaron e Lugo sigue precisando dun novo Xulgado do Social. De feito, desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reclámanse tres novos Xulgados destas características, un para Lugo, outro para Santiago e outro para Vigo”.

Os Xulgados do Social están saturados

“Que disposición ten o Ministerio a aprobar a demanda de dotar dun novo Xulgado do Social a Lugo? Vai dar luz verde a esta petición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia? É consciente da saturación que sofren estos xulgados e comparte a necesidade de axilizar os casos que se tramitan, moitos deles referentes a materia laboral?”.

O parlamentar de En Marea pón de manifesto que os Xulgados do Social padecen moitos problemas de saturación. “Como sabe, recaen neles as demandas laborais que cos anos de crise económica, a precariedade laboral existente, a reforma laboral e os abusos que se están a producir, aumentaron enormemente as demandas neste eido: reclamacións de salarios, indemnizaións, despedimentos improcedentes, xornadas laborais abusivas, horas estraordinarias que non se pagan. Cuestións todas que deberían atenderse con rapidez”.

Fernán Vello lembra que o anterior Goberno, o do PP, respondía hai un ano que “non contemplaba a creación na súa programación dun Xulgado do Social en Lugo por non ter sido solicitada a súa creación. Pois ben, agora fica explicitada a necesidade por parte dos órganos xudiciais. Agardamos que se atenda”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.065721035003662