Entrega de diplomas dos cursos organizados en Burela polo programa de atención a inmigrantes

TerraChaXa | AMariñaXa
No Concello de Burela tivo lugar a entrega de diplomas dos distintos cursos formativos organizados polo Programa de Atención a Inmigrantes, subvencionados pola Dirección Xeral de Inclusión Social e polo Fondo Social Europeo.
11 abr 2019

Os cursos realizados foron dúas edicións do Curso de Esforzo de Integración de 24 horas cada un, un Curso Básico de Camareiro/a de Pisos de 50 horas, un Curso Básico de Ofimática de 50 horas e un Curso de Coidados básicos para a atención a menores de 50 horas.

Máis de cincuenta persoas de distintas nacionalidades participaron satisfactoriamente nestas accións “coas que pretendemos que sexa un paso máis para a súa implicación na importancia da formación e empregabilidade, así como para mellorar o seu grado de integración”, explican desde a Concellería de Inmigración e Cooperación.

No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira Angélica Gómez.