Entregan dúas vivendas de promoción pública en Riotorto e Viveiro en réxime de alugamento

TerraChaXa | AMariñaXa
O delegado territorial, Alfonso Villares, destacou durante o acto de entrega a aposta do Goberno galego por facilitar o acceso á vivenda
entrega-de-vivenda-social-en-riotorto
21 Jul 2026

A Xunta de Galicia adxudicou en réxime de alugamento senllas vivendas de promoción pública situadas nos municipios de Riotorto e Viveiro. Ambas contan con tres dormitorios e a primeira dispón ademais de garaxe e trasteiro.

O delegado territorial, Alfonso Villares, destacou durante o acto de entrega en Riotorto a aposta do Goberno galego por facilitar o acceso á vivenda, “ampliando o parque público coa construción de novas promocións, abrindo o abano de posibles adxudicatarios ou con axudas directas, entre outras accións”.

Neste sentido, lembrou que ata o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar apoios para a adquisición de vivendas protexidas ou situadas en cascos históricos. “En tres meses abonáronse os 2 millóns de euros iniciais da convocatoria, distribuídos entre 188 beneficiarios”, explicou. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acordou duplicar o orzamento, destinando outros 2 millóns de euros a dar cobertura ás 89 persoas que quedaron en lista de espera -sempre que cumpran os requisitos- e atender novas solicitudes.

0.11937999725342