Entregan os premios da VI Edición do Concurso de Microrrelatos de Vilalba

TerraChaXa
O certame, que organizou o Concello, pretende fomentar o achegamento á lectura
Concurso-de-Microrrelatos-de-Vilalba
8 sep 2024

O Concello de Vilalba fixo entrega dos premios aos gañadores da VI Edición do Concurso de Microrrelatos. Un certame, que organizaron en colaboración con Culturalia GZ co obxectivo de fomentar o achegamento á lectura.  Así, en categoría infantil, o gañador foi Nicolás Salgueiro Alonso con "Archienemigos". O segundo premio foi para Duarte MariñoTorrado por "O Poliño Lector" e o terceiro resultou deserto.

En categoría xuvenil, Lucía Domínguez Pereira logrou o primeiro premio coa súa obra "Rebelde". A segunda praza foi para Paula Pérez Cendán por "Soa" mentres que o terceiro premio recibíuno María Fernández Escariz, por "Ondas". Na categoría de adultos, o microrrelato gañador foi "Erro", de Pedro Naveira Pedreira. A segunda praza foi para Sonia Martínez López por "Reflector", mentres que a terceira posición foi para Carlota Millor Prado por "Salvavidas"

Entregaron os premios a concelleira de Cultura Tamara Rodriguez, o director de Culturalia GZ Martiño Maseda, o poeta Daniel Irimia e o director de Alvarellos Editora , Quique Alvarellos. No acto colaborou a asociación cultural Buxos Verdes.

 

0.18331789970398