Escolares de Pastoriza presentan no CIN os resultados dun proxecto sobre uso de recursos

TerraChaXa
O venres 9 de xuño as 12:15 o CIN de Bretoña acollerá a  presentación do proxecto Descubrimos os nosos recursos. 
PRESENTACION PROXECTO ESCOLARES PASTORIZA CIN BRETONA PORTADA
8 Xuño 2023

O venres 9 de xuño as 12:15 o CIN de Bretoña acollerá a visita dos nenos e nenas do colexio de Bretoña, que farán a  presentación do proxecto Descubrimos os nosos recursos. 

A profesora do centro, Antía, aproveitou a súa hora de ler de cada mércores para comezar este proxecto baixo o pretexto de "Se mañá nos volveran pechar como na pandemia e tiveramos que obter todo o necesario dentro da nosa contorna, que fariamos?”

O obxectivo era coñecer as necesidades que terían e sobre todo os recursos cos que contaban: naturais, humanos, económicos, etc-

Para poder ir conseguindo información fixeron chamadas, falaron cos pais e nais, leron diferentes libros e documentos e foron eles mesmos ver en campo cales eran eses recursos, coas visitas a Campo de oso e a canteira. Todo o que descubrían poñíase en común o mércores para ir avanzando en conxunto.

Unha vez que xa tiveron os recursos da contorna claros e as necesidades, tocou organizarse. Se querían que Bretoña fora autosuficiente, tiñan que repartirse as profesións. Para elo tiveron a visita no colexio de algúns pais e nais que contaron un pouco mais sobre o seu traballo, tanto o bo como o malo.

Despois, aínda que nun momento inicial varios coincidiron en profesións, acabaron por organizarse, entendendo que era necesario en favor de poder conseguir sobrevivir nesa Bretoña illada: algún fontaneiro, mestres, gandeiros, electricistas... ata un responsable do CIN de Bretoña.

Grazas a este proxecto os nenos e nenas do CEIP de Bretoña descubriron máis sobre a súa contorna, os recursos, a importancia de poñerse de acordo e traballar en equipo, aprenderon a documentarse mais aló da consulta de material escrito e coñeceron un pouco mais sobre as profesións e os profesionais.

A presentación será aberta a toda a poboación.

PRESENTACION PROXECTO ESCOLARES PASTORIZA CIN BRETONA
0.083169937133789