Espectáculo cósmico este sábado na casa museo de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
A casa museo de Manuel María acolle este sábado, 10 de novembro, un espectáculo cósmico co título Astrolabio para toda a familia.
espectaculo astrolabios casa manuel maria
espectaculo astrolabios casa manuel maria
8 dic 2022

A casa museo de Manuel María acolle este sábado, 10 de novembro, un espectáculo cósmico co título Astrolabio para toda a familia, que terá lugar a partir das 18.00 horas.

Astrolabio é unha palabra que vén do grego e que significa “buscador de estrelas”. Durante unha hora, este sábado, día 10, ás 17 horas, e coa axuda da narradora oral e actriz Carmen Conde, converterémonos en buscadores de estrelas nunha viaxe ao espazo exterior con cohete e todo!

Nesta sesión de contos na Casa-Museo Manuel María imos facer un percurso para coñecer o ceo desde as diferentes culturas, mitos e lendas da Terra.

Grazas a elas saberemos onde queda o norte, aprenderemos sobre algún planeta, descubriremos como din que se creou este en que vivimos nós. Entenderemos as fases da lúa, para que serviron no seu día os eclipses, que a Vía Láctea é en realidade o camiño das estrelas e que se reúnen en constelacións, igual que as familias se reúnen nas festas.

Baixaremos a lúa do ceo, teremos o Sistema Solar completo nas mans e mesmo veremos nebulosas de perto.
A actividade vai dirixida para crianzas e público familiar a partir de 6 anos.

Para asistir é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621