Espectáculo infantil este xoves na biblioteca de Guitiriz

TerraChaXa
Preséntase o espectáculo 'A maxia dos libros', unha actividade enmarcada no programa Lercontamoito
espectaculo-infantil-guitiriz
Cartel
17 Xul 2024

A biblioteca pública municipal Casa Habanera de Guitiriz converterase no escenario para o espectáculo A maxia dos libros, unha actividade enmarcada no programa Lercontamoito.

Nami e O Mago da Boina darán vida a fragmentos dos libros das Crónicas do Mago Errante nunha experiencia cómica deseñada para todos os públicos.

Poderase desfrutar desta fusión da maxia coa literatura o xoves 18 de xullo ás 11:15 horas.

0.18466091156006