Esta fin de semana Burela renderá unha homenaxe á xente do mar

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Esta fin de semana haberá unha serie de actos en Burela para render unha homenaxe á xente do mar e ás veciñas e veciños do pobo despois de que foron suspendidas as festas patronais como consecuencia do Covid-19.
Os deputados do PP anuncian o voto a favor do investimento en estradas provinciais.
5 Xuño 2020

Esta fin de semana haberá unha serie de actos en Burela para render unha homenaxe á xente do mar e ás veciñas e veciños do pobo despois de que foron suspendidas as festas patronais como consecuencia do Covid-19.

O sábado haberá unha alfombra floral na praza do Concello, o domingo terá lugar unha misa e a baixada da Virxe ata o barco museo Reina del Carmen e o martes celebrarase a ofrenda floral aos náufragos. A presidenta da comisión de festas e concelleira Toñi Eijo agarda que non se produzan aglomeracións e que se manteña o distanciamento social.

Toñi Eijo contou que “imos facer unha alfombra, na praza do Concello, que farán dez persoas con EPIS, dedicada ao mar. Empezarán o sábado, ás nove e media, a facer a alfombra que terá dez metros de largo por cinco de ancho. A ver se o tempo nos permite deixala exposta do sábado para o domingo. O domingo haberá unha misa na igrexa parroquial, ás doce e media, e acto seguido baixaremos a Virxe do Carme ao barco museo sobre a unha e cuarto, alí váiselle cantar a salve dedicada á xente de Burela, pero sobre todo aos mariñeiros. Despois tiraranse uns fogos. E o martes, día 9, farase a ofrenda floral como todos os anos, as flores que se van tirar ao mar en recordo á xente que morreu nel. O sábado e o domingo haberá ademais pasarrúas con Dambara”. 

A presidenta da comisión de festas e concelleira burelesa engadiu que “isto é o que podemos facer debido ao Covid-19. Nós miramos pola saúde, que é o máis importante obviamente, pero tamén queríamos recordar un pouco as festas sen comprometer a ninguén nin que se collan contaxios. Esperemos que a xente non se nos aglomere, que non haxa ningún problema e que non teña que actuar a Policía Local”.

0.19300508499146