Esta fin de semana celébrase a terceira edición do Desafío do Ferro

TerraChaXa | AMariñaXa
Xa está en marcha a tercera edición do Desafío do ferro, unha BTT cicloturista para todos os públicos de dúas distancias
desafio do ferro riotorto portada
1 Sep 2023

Xa está en marcha a tercera edición do Desafío do ferro, unha BTT cicloturista para todos os públicos na que poderase elixir entre dúas distancias segundo o estado físico, de 50 quilómetros máis 1.750 metros de desnivel e a de 29 quilómetros + 900 metros.

Terá lugar o día 3 de setembro e desenvolverase entre Riotorto e A Pontenova.

A organización ten previstos uns avituallamientos impresionantes e todos os participantes recibirán como obsequio unha camiseta conmemorativa. Coa inscrición están incluídos os seguros, o particular terceiro tempo e a comida que este ano estará composta por paella, churrasco e a típica torta de Riotorto.

Ademais tanto os participantes como os seus acompañantes poderán inscribirse a tirarse na tirolesa máis grande de Galicia facendo o roteiro dos Fornos e accedendo á mina Consuelo ou só tirándose en tirolesa sen facer o roteiro.

Os horarios de roteiro+tirolesa son o sábado 2 e domingo 3 ás 11.00 e as 16.00. Os horarios de tirolesa son o sábado 2 e domingo 3 ás 11.30 e 16.30.

desafio do ferro riotorto
0.16359114646912