Esta fin de semana volve o Festival de Cine de Roca

TerraChaXa
Un ano máis e organizado por Xermolos, terá lugar unha nova edición do Festival de Cine de Roca, que chega este ano á súa VIII edición.
festival de cine de roca portada
19 Nov 2021

Un ano máis e organizado por Xermolos, terá lugar unha nova edición do Festival de Cine de Roca, suspendido pola pandemia e que chega este ano á súa VIII edición.

Será finalmente esta fin de semana cun programa máis reducido. Comezarán as proxeccións o sábado 20, ás 19.00 horas, na Escola de Roca co film Días Contados, elaborado polo alumnado do IES Díaz Castro de Guitiriz. A este seguirá a visualización de Avante, sobre Sidegasa, realizado polo grupo de música Nuada de Teixeiro.

Continuarán as proxeccións na Casa Pontegafín, o domingo 21, de novo ás 19.00 horas, co Cine Tomé, de Kimi Iglesias e Xosé Antonio Arias, presentado por Juan Luis Tomé.

Rematarán con Igrexa de Rábade, de Eluxio Penas.

O festival novamente será con entrada de balde ata completar o aforo.

festival de cine de roca
0.11458301544189