Establecen a taxa para o uso da pista de pádel de Guitiriz

TerraChaXa
Desde o próximo mércores, 15 de marzo, comezarase a aplicar a taxa municipal polo uso da pista de pádel da nave do Senpa de Guitiriz.
pista padel guitiriz 1
pista padel guitiriz 1
10 mar 2023

Desde o próximo mércores, 15 de marzo, comezarase a aplicar a taxa municipal polo uso da pista de pádel da nave do Senpa de Guitiriz.

As reservas serán dunha hora e media e o prezo de tres euros, de luns a venres, e de 5 euros nas fins de semana, por persoa.

Pagarase desde a aplicación móbil que xa se estaba a usar para facer as reservas. Ademais, xa se pode facer uso dos vestiarios da instalación.