Este luns comezan as obras no paso a nivel da Avenida de Vilalba en Rábade

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade informa que este luns inícianse as obras de reparación do paso a nivel da Avenida de Vilalba, estrada LU-107 que vai acometer ADIF.
Avenida de Vilalba paso a nivel rábade
Avenida de Vilalba paso a nivel rábade
9 Dec 2023

O Concello de Rábade informa que este luns inícianse as obras de reparación do paso a nivel da Avenida de Vilalba, estrada LU-107 que vai acometer ADIF. Polo momento, non está previsto que se corte a estrada, senón que se actuará nun carril e despois noutro, dando en todo momento paso alternativo ao tráfico a través de semáforos.

As obras consisten nunha mellora da accesibilidade, polo que se fará un picado e retirada do formigón existente antes e despois do paso a nivel. Posteriormente, farase o verquido e vibrado de formigón HA-30 reforzado con aceiro para garantir unha continuidade altimétrica sen desniveis entre a estrada e o paso a nivel.

Na actualidade atópase deteriorada a parte que une a Avenida de Vilalba coa propia vía, o que dificulta o paso dos coches. Estímase que os traballos teñan unha duración de entre 4 e 5 días.

0.17707419395447