Este sábado comezan as festas no lugar de Xemil, na Pastoriza

TerraChaXa
Actuarán Tropical e Gaia
fogos-artificiais-festas-patronais
5 Xul 2024

A localidade de Xemil, en Bretoña, A Pastoriza, celebra esta fin de semana as súas patronais na honra a San Antón.

Estas terán o seu inicio hoxe, sábado, ás 14.00 horas cunha misa e procesión seguidas da tradicional sesión vermú, que estará a cargo do dúo Tropical. Este mesmo grupo será o encargado da verbena xunto a Gaia.

O domingo haberá festa tamén con sesión vermú da que se encargará o dúo Gaia.

0.18096089363098