Fiestas das Pontes: Este venres farase a marcaxe das parcelas para a Festa da Fraga

TerraChaXa
Esta acción realízase sempre a fin de semana anterior ao inicio das festas
marcado-parcelas-festa-da-fraga-as-pontes
9 Jul 2026

Este venres, 10 de xullo, ás 20:00 horas, será o tempo para marcar os espazos para a Romaría da Fraga, que terá lugar entre o 24 e o 25 deste mes.

Esta acción realízase sempre a fin de semana anterior ao inicio oficial das festas, que este ano é o 17 de xullo.

A organización lembra que se trata dun lugar natural, para gozar del e nel todos os días do ano, polo que se pide aos veciños e asistentes á festa "máximo respecto e que o coidedes". Por iso recomenda que se empreguen unicamente estacas e cordas evitando os plásticos e outro tipo de residuos.

Tamén se pide que non se utilicen as árbores para atar as cordas.

PROGRAMA COMPLETO

0.12281608581543