Estudios Rafer e o Concello de Vilalba presentan un programa de recualificación profesional
TerraChaXa
Terá lugar no Centro Cultural e Recreativo este venres ás 11.00 horas
17 Out 2024
Este venres, 18 de outubro, ás 11:00 Estudios Rafer e o Concello de Vilalba presentan un novo programa de recualificación profesional para a inserción laboral
Terá lugar no Centro Cultural e Recreativo e nel poden coñecerse todos os detalles dos certificados profesionais ofertados no programa e participar nun networking.
En concreto as titulacións oficiais para o emprego ofertadas son as de operario de limpeza en instalacións industriais, especialista en xestión ambiental e operador en instalacións renovables.
Trátase dun Programa de Formación posto en marcha polo Instituto para a Transición Xusta dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España.
As persoas interesadas poden chamar ao 677.848.112 ou ao 622.902.164.