Excursión para a terceira idade e andaina popular en Friol no mes de setembro

TerraChaXa
O Concello de Friol impulsa dúas actividades de dinamización social.
andaina friol
31 Ago 2017

O Concello de Friol impulsa dúas actividades de dinamización social. Se o mércores 13 organiza unha excursión para a terceira idade, o sábado 23 ten prevista a celebración da andaina popular.

A excursión, con saída ás oito e media da mañá de diante a Casa do Concello, inclúe o almorzo en Vilalba, unha visita a Ribadeo, xantar en Barreiros e visita a Foz antes de volver ata Friol.

A inscrición é gratuíta, xa que financia integramente a viaxe o Concello, e pode formalizarse na Casa do Concello ata o 8 de setembro.

Andaina
Coa colaboración do Club de Atletismo Friol, pon tamén en marcha a Andaina Popular Concello de Friol o sábado 23 de setembro con saída ás once da mañá dende a Casa do Concello ata chegar á Torre de San Paio.

A inscrición pode formalizarse de xeito gratuíto ata o 20 de setembro e inclúe unha camiseta de agasallo.

1.6157081127167