Expogrelo puxo á venda preto de 2.000 kg de 18 produtores

TerraChaXa
Un total de 18 produtores participaron finalmente nunha nova edición de Expogrelo, a tradicional feira de Gontán, que chegaba á súa 18 edición.
feira do grelo abadin2
19 Feb 2024

Un total de 18 produtores participaron finalmente nunha nova edición de Expogrelo, a tradicional feira de Gontán, que chegaba á súa 18 edición.

Malia ser unha tempada complicada para este produto debido ao clima, chegaron aos postos de Abadín preto de 2.000 quilos deste manxar, situación á que contribuíu o cambio nas condicións climáticas das últimas semanas.

Así que na xornada de reflexión Abadín acolleu esta feira na que asistiu numeroso público para desfrutar das actividades programadas.

Ademais repartíronse os tradicionais premios. A mellor decoración foi para Evangelina Cruña, que acudía por primeira vez á feira e que fixo a súa peculiar reivindicación polo apoio ao rural. Tamén foron premiados Marisol Grandío e Armando Souto.

A programación completouse cunha degustación de grelos en cocido, unha verbena e unha actuación de batukada.

0.16590690612793