Faise obrigatorio o uso de máscara mentres continúa o descenso de casos

TerraChaXa
Nas últimas horas reduciuse noutros 19 o número de casos activos relacionados co brote de covid-19 que afecta ao distrito sanitario da Mariña.
sindicato uso mascarillas coronavirus
18 Xul 2020

Nas últimas horas reduciuse noutros 19 o número de casos activos relacionados co brote de covid-19 que afecta ao distrito sanitario da Mariña. Das 77 PCR realizadas nesta última xornada, unha resultou positiva. A maiores, nas últimas horas, outras 20 persoas positivas en covid-19 foron dadas de alta tras curarse e superar a enfermidade, o que deixa o número de casos activos en 119, é dicir, 19 menos ca onte. Dende o inicio do brote e ata o día de hoxe son máis de noventa as persoas afectadas por covid-19 e vencelladas ao brote que xa están curadas e foron dadas de alta.

Das 77 PCR realizadas nas últimas horas a persoas relacionadas con este brote, unha arroxou resultado positivo.  Así mesmo, destacar que todos os novos positivos que se seguen a detectar nesta área están relacionados co brote, o que permite seguir a trazabilidade dos casos e continuar na estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar a transmisión e conter o brote.

Dos 119 casos activos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Catro persoas con covid-19 atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña e a súa evolución é favorable. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos hai 459 persoas, 26 menos ca onte.

No balance xeral da provincia tamén hai un descenso de 16 casos activos, debido a outras tantas altas malia que se contabilizaron catro casos máis. Deste xeito, hai 148 casos activos, 4 persoas no hospital e 144 en domicilio. Ademais seguen contabilizados 28 falecementos así como 1.051 altas cun total de acumulado de 1.227.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 218, seis menos que onte. Deles 31 son da área da Coruña, 148 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 17 da área de Vigo, 7 da de Santiago, e 1 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 211 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.054 persoas curadas e rexistráronse 619 falecementos.

USO DA MÁSCARA

Este balace faise público no día no que a Xunta publica a resolución que amplía a obligatoriedade do uso de máscara, que debe levarse de forma xeral aínda que se poida manter a distancia de seguridade, e requirirá que este elemento empréguese cando se estea en bares e restaurantes, onde só se poderá retirar "no momento específico do consumo" e deberá volver colocarse o resto do tempo que se permaneza nestes locais ou nas súas terrazas.

Así consta na resolución da Consellería de Sanidade publicada este sábado no Diario Oficial de Galicia (DOG). As medidas entrarán en vigor este domingo, para os maiores de seis anos cando se estea na vía pública e espazos ao aire libre e tamén en espazos pechados de uso público ou que se atopen abertos ao público, ata no caso de que se poida garantir a distancia de seguridade interpersonal de 1,5 metros. Ata o momento, si as persoas podíase situar con esta separación, podíase prescindir da máscara.

Esta decisión tómase por que consideran "unha das medidas máis eficaces para previr a transmisión da Covid-19, polo que "resulta necesario reforzar a súa utilización".

A resolución recorda que este elemento debe ir correctamente colocado e cubrir unha parte do tabique nasal e ata o queixo, incluída. Non poderá ter unha válvula exhalatoria, salvo para o caso de profesionais para os que se recomende este tipo de máscara.

As excepcións á obrigación do seu uso son, ademais do consumo en bares e restaurantes, os casos de persoas con algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada coa súa utilización ou que, pola súa situación de discapacidad ou dependencia, non teñan autonomía para retirarse este elemento ou que presenten alteracións de conduta que fagan inviable levala posta.

Tampouco será necesario levar máscara cando nun mesmo turismo todas as persoas a bordo sexan convivintes ou nos cuartos de aloxamentos turísticos ou camarotes de barcos cando só estean dentro dos que se aloxan neles. Nas praias e piscinas só se permite prescindir no momento do baño.

Os deportistas que fagan deporte individual ao aire libre poden tamén prescindir da máscara "exclusivamente durante a práctica deportiva". Si a actividade é en centros deportivos tamén ha de manterse a distancia e retirarse este elemento de protección só durante o exercicio .

REUNIÓNS EN CASA E BOTELLÓN

O texto publicado no DOG inclúe tamén a recomendación de que as persoas que coincidan en espazos privados, como un domicilio particular, sexan abertos ou pechados, usen máscara no caso de reunións con non convivientes. Por outra banda, "queda expresamente prohibido" o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas ou outros lugares de tránsito público, o que se coñece como botellón.

Expresan como motivo "os riscos que presenta para a saúde pública", relacionados coa aglomeración "incontrolada" de persoas e a "ausencia ou relaxación de medidas de seguridade e de distanciamento social". A resolución indica que a administración local será a encargada de "adoptar as medidas oportunas" para evitar botellóns.

0.19364905357361