Falando de cores

TerraChaXa
Por Ramón Hermida Pumares Non cabe dúbida de que cada mes ten o seu encanto.
11 Mar 2019

Por Ramón Hermida Pumares

Non cabe dúbida de que cada mes ten o seu encanto. Tal vez febreiro chame a atención polo rañas que é en todo, curto en días, parco en sol, escaso de cores e rebosante, no entanto, de humidade. Monótono de clima, rañas en vestir prados e montañas. Agora con neve, néboa e nubes que se lle escapan ao sol, olas con desbordamientos que fan que os arroios queiran ser ríos e que os ríos queiran ser mar.
Non, non é febreiro un mes que despunte. E, con todo, febreiro é febreiro con Martes de Carnaval, Mércores de Cinza, 14 de febreiro e 23 de febreiro.
As dúas primeiras enfrontadas polo espírito e as dúas últimas pola cor. Aínda que a batalla entre don Carnal e doña Cuaresma ben distinta é da que se quería entablar entre a do 14 de febreiro e 23 de febreiro.
E é que, a do 14 de febreiro, día de San Valentín, é a festa do vermello vivo e a do 23 de febreiro, quixo ser a festa negra contra os vermellos vivos .¡Que paradoxa!, febreiro, tan curto en todo e con guerra de cores. Menos mal que aquela democracia, díscola e aloucada, coa súa mocidade soubo diferenciar martes de carnaval de alzamiento nacional. E aínda que parco en cousas e aloucado en festas soubo apartar desmanes de desmadres, cabreos de involuciones, nostalxia de tempos pasados, de que vale máis unha España vermella que rota.
E é que a xente segue preferindo o vermello do corazón a lume que separa, que rompe, que apaga, que encasilla. E quixo esquecer e esqueceu o do chan.
Non, por Deus, onde estea o vermello da paixón, do amor, da ilusión, que se quiten os tejero, porque o seu vermello nacía para non deixar vivir. E o vermello de san Valentín nace para convivir.
Todos preferimos o vermello que os quinceañeros asoman aos seus corpos o día de san Valentín cal cataratas de amor. Son borbotones engarzados en calquera sorriso, en calquera guiño, en calquera adeus. Nos beizos e bicos vermellos

0.15156197547913