Fanoi celebrará esta fin de semana as festas na honra á Virxe dos Milagres con Principal e Dilema

A parroquia de Fanoi, no municipio de Abadín, celebrará esta fin de semana as festas na honra á Virxe dos Milagres cun programa que combinará actos relixiosos e música en directo.
Os festexos arrancarán o sábado 23 de maio cunha misa ás 13.30 horas seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Principal. Pola noite continuará a verbena coa actuación da mesma formación musical.
O domingo 24 de maio repetirase a programación relixiosa coa misa e procesión tamén ás 13.30 horas, ademais dunha nova sesión vermú que nesta ocasión contará coa actuación da orquestra Dilema.
A organización anunciou tamén a instalación de colchonetas gratuítas para os nenos e nenas, así como a colocación dunha carpa para garantir o desenvolvemento das celebracións en caso de choiva.