Farán en Muimenta unha ruta de recollida de lixo aproveitando o Día da Terra

TerraChaXa
O próximo 22 de abril é o Día Mundial da Terra, polo que a Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organiza unha actividade para celebralo.
ruta recollida lixo muimenta portada
ruta recollida lixo muimenta portada
18 Abr 2024

O próximo 22 de abril é o Día Mundial da Terra, polo que a Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organiza unha actividade para celebralo. Será unha ruta de recollida de lixo pola localidade, o domingo 21 de abril.

Trátase dunha actividade simbólica de concienciación medio ambiental apta para todas as idades. Os participantes sairán xuntos ás 10.30 horas desde a paraza Maior para dar un paseo polo pobo e recoller o lixo que outros tiraron e non retiraron.

Está invitada a participar toda a veciñanza e non precisa inscrición.

0.18387699127197