Fase final da construcción dos novos parques eólicos da provincia
Os traballos de construción dos novos parques eólicos de Norvento na provincia xa están na súa fase final. Estes seis parques que aínda están en construción atópanse en sete municipios da Mariña central, Abadín, A Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto, Trabada, A Pontenova e Lourenzá.
Nestes momentos estase a traballar na construción das subestaciones de evacuación e na instalación das torres dos aeroxeneradores. Despois farase o transporte e montaxe do resto de compoñentes, como as góndolas e as palas.
Estes novos seis parques eólicos terán capacidade para producir no seu conxunto durante un ano unha cantidade de enerxía equivalente ao consumo eléctrico dun municipio de 90.000 habitantes.
Ademais, evitarán a emisión de 4 millóns de toneladas de CO2 a atmósfera e supoñerán unha importante fonte de ingresos para ditos concellos.
Segundo as estimacións de Norvento, durante a fase de construción xeraranse uns ingresos próximos aos tres millóns de euros, que chegarán aos concellos en forma de taxas, licenzas, impostos e instalacións. Ademais estes parques eólicos xerarán máis de 10 millóns de euros en toda a súa vida útil a través de impostos de bens, o concepto do canón eólico ou outras actividades.