Fe, esperanza e caridade

TerraChaXa
Por Ramón Paz Guntín A historia da vida que a cada quen lle corresponde foi, é e seguirá sendo memorizar o ben e o mal, vivido ou por vivir; tempos pasados, presentes e futuros, aportando recordos que cada quen tivo, ten e seguirá tendo.
Ramón Paz Guntín
15 Feb 2019

Por Ramón Paz Guntín

historia da vida que a cada quen lle corresponde foi, é e seguirá sendo memorizar o ben e o mal, vivido ou por vivir; tempos pasados, presentes e futuros, aportando recordos que cada quen tivo, ten e seguirá tendo. As traxectorias estiveron, están e estarán tan necesariamente xustificadas, para que xenericamente, a través do tempo vivido e por vivir, saibamos quen fomos, somos e seguiremos sendo. Falando, pensando, lendo, escoitando... o que xa dixeron outros antes e máis despois… Con razón ou sen ela…, por iso tan necesario foi, é e seguirá sendo escoitar, escoitar escoitaremos! Pero nunca saberemos quen ten a razón. Seguindo a marcha correspondente escoitaremos… “palabra, obra e omisión”. Isto foi sempre a verdade… Para que tódalas dúbidas dignas de mención sigan sendo condición natural de amor e distinción…, axeitadamente. Que a propia natureza ofrece plenitude de facultades que serán basicamente precisas para previr causas anormais, onde xorda calquera circunstancia imprevista, resistindo ou rexeitando

Cambiar de orientación tan importante foi, é e será intercalar causas social e moralmente proporcionais ao quefacer diario, para que en corpo e alma os humanos se atopen psicoloxicamente, seguindo os traxectos que a realidade ofrece, recordando tempos pasados, presentes e futuros. Comparadamente, ter sempre presente que, musicalmente falando, en tódalas ordes da vida existiron, existen e existirán cantigas tradicionais axeitadamente propias, rexionais. Podemos destacar a muiñeira bailada ao son da gaita, pandeiro e tamboril, para exercer os movementos proporcionalmente con moderación, para enriquecer a alma propiamente vital que a natureza ofrece platonicamente con amor e dignidade, para animar orientativamente vivencias subxectivamente consideradas fundamentalmente con amor alternativamente feliz.

Imaxinariamente non por casualidade xorden formas de expresión que o ser humano moitas das veces interpreta desaxeitadamente. Para que necesariamente foran ou sexan impropias, en pro e para que o amor rexeite síntomas dunha razón humanamente confusa, que adoitan ser causantes de certos males unha miguiña desafortunados, motivadamente mal interpretados psicoloxicamente. Sintomatoloxicamente xorden causas apropiadamente afectuosas que a alma desenvolve necesariamente para atopar sentimentalmente unha miguiña a forma e a expresión axeitada que o ser humano amorosamente valora; e reciprocamente, como parte elemental, primordialmente básica, que comprensiblemente nace do máis profundo desexo humano da beleza propia, e axeitadamente da felicidade inmortal, amorosamente, que tódolos humanos —e soamente os humanos— aman. Por iso denominadamente ao amor se lle atribúe “loucura e delirio” dos humanos polo saber, antes, agora e despois, coñecemento ideolóxico que posúe a alma como elemento primordial da natureza social e cordialmente satisfactoria que forma parte da razón universal.

A natureza humana, que ao longo da historia foi promesa de salvación correspondente á fe e á liberdade de Deus cara e para o home... Sempre e máis despois o amor foi, é e será dignamente asociado á Creación, naturalmente con fe, esperanza e caridade. Expresadamente, o amor foi e seguirá a ser afectuosamente digno de mención, permanentemente verdadeiro e unha miguiña imaxinativo, para atraer semellanzas propias e reciprocamente correspondentes por alguén, concepción e interpretación mutuas e significativamente afectuosas. Comparadamente existen diversidades de opinións como amor propiamente divino e humano infinito a Deus e naturalmente aos seres queridos, distinguidamente benevolente con desexo do ben para o ser amado, sentimentalmente pasional, orientativamente digno e naturalmente íntimo en corpo e alma, coa bendición do Todopoderoso. Precisión e perfección obxectivamente orientadora por e para o desenvolvemento, especificamente con amor aos seres viventes que a natureza ofrece para dar grazas a Deus polos siglos dos siglos... Vivir o presente e previr axeitadamente os resfriados xa no “febreiriño corto, cos seus vinte e oito, se non fora marzo que lle quitou catro non quedaba nin can nin gato”.

0.16121888160706