Felicitan ao Concello de Castro de Rei pola reactivación de licencias urbanísticas

TerraChaXa | LugoXa
Ángeles Vázquez felicita ao Concello de Castro por reactivar a concesión de licencias urbanísticas grazas á aprobacion do seu Plan Xeral
AUDIENCIA CASTRO DE REI
16 Jul 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, felicitou ao alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, por ser quen de reactivar a concesión de licencias urbanísticas no municipio grazas á aprobación do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM).

Ángeles Vázquez e Francisco Balado mantiveron esta semana unha reunión, na que o rexedor valorou que contar cunha ferramenta urbanística actualizada e acorde á lei actual é unha garantía para permitir un crecemento ordenado e sostible.

Castro de Rei converteuse, en xullo de 2020, no último concello da provincia de Lugo en aprobar un PXOM, o primeiro co que conta este municipio de pouco máis de 5.000 habitantes que anteriormente se rexía polo Plan básico autonómico.

A conselleira e o alcalde coincidiron en que abordar a redacción dun plan xeral non é unha tarefa fácil, pero si necesaria para garantir a evolución e o crecemento urbanístico dun municipio. “Hoxe, co desbloqueo das licencias urbanísticas, visualízanse os primeiros froitos de contar cun PXOM nun concello como Castro de Rei”, manifestou a conselleira.

Por último, Ángeles Vázquez indicoulle que a protección e ordenación do territorio é unha tarefa que se debe executar cada día, e que, en ocasións, require de ferramentas máis concretas. Nese sentido, trasladoulle o compromiso da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para buscar solucións que permitan protexer os valores do seu casco histórico.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17631101608276