Fernando Quintela gaña a IV Copa Xogo da Ra en Guitiriz nunha xornada de gran participación

TerraChaXa
Os premios entregados ás persoas gañadoras foron doados polo Museo Pepe de Pígara, entidade que colabora activamente na promoción e conservación dos xogos populares
xogo-da-ra-en-parga
16 Apr 2026

O CIT de Parga acolleu este mércores a celebración da IV Copa Xogo da Ra, unha cita que deu comezo aos Xogos da Primavera en Guitiriz e que volveu rexistrar un notable ambiente e unha elevada participación.

A competición, organizada un ano máis pola Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz, reuniu a numerosas persoas afeccionadas a este xogo tradicional, consolidándose como unha das actividades destacadas do calendario lúdico local.

No apartado deportivo, Fernando Quintela proclamouse gañador cun total de 229 puntos, seguido de Jesús López, que acadou 191 puntos, e de Fernando Mayer, que completou o podio con 146 puntos.

Os premios entregados ás persoas gañadoras foron doados polo Museo Pepe de Pígara, entidade que colabora activamente na promoción e conservación dos xogos populares. A iniciativa volve poñer en valor este tipo de tradicións, fomentando a participación e o lecer interxeracional.

0.10822105407715