Festas As Pontes: A vila prepara a alfombra para a procesión da virxe

TerraChaXa
No proceso de recolección de flores, adoitan participar arredor de trinta persoas, vinte das cales, logo, encárganse de montar a alfombra
alfombra-floral-as-pontes
18 Jul 2026

As celebracións litúrxicas son indispensables para as festas da Virxe do Carme e, este ano, darán comezo o venres 10 co inicio da novena, que se celebrou todos os días ás 7.30 e ás 19.30 horas nunha carpa diante da Capela do Carme. O sábado 18 chega ao seu final ás 20.00 horas, un día despois do comezo oficial das patronais. Ese mesmo día, ás 21.30 horas, será a procesión nocturna acompañada pola Banda de Música das Pontes e a Banda de Gaitas.

O prato forte, será o domingo 20 ás 12.00 horas, na igrexa parroquial, cunha misa solemne de celebración da eucaristía, de novo cantada pola Agrupación Coral As Pontes. Seguidamente, será a procesión de subida da Virxe do Carme co acompañamento da banda de música cultural e recreativa das Pontes e Canavella e sobre a alfombra floral para acompañar á imaxe no último tramo de procesión, desde a igrexa de Santa María á Capela do Carme.

A elaboración da alfombra púxose en marcha esta semana e hoxe, sábado, danse os últimos toques, para poder montala na madrugada do sábado ao domingo, desde as cinco da mañá ata arredor das dez.

No proceso de recolección de flores, adoitan participar arredor de trinta persoas, vinte das cales, logo, encárganse de montar a alfombra. Incluso mencionan que xa avanzada a mañá poden atoparse cun transeúnte que sempre está disposto a botar unha man.

Moitas horas de traballo e de madruga para unha arte completamente efímera que remata pola mañá tralo paso da procesión pero que merece moito a pena polos resultados espectaculares.

O luns 20 a misa será ás 12.00 na honra a Santa María Magdalena na Capela para rematar o 25 co oficio á mesma hora, esta vez na honra a Santiago.

0.12043309211731