Festas das Pontes: Actividades para a cativada

TerraChaXa
Como broche final, o mércores 22 de xullo celebrarase unha gran tarde de xogos, inchables e festa da escuma na avenida da Coruña
parque-activo-festas-as-pontes
12 Jul 2026

Os máis pequenos volverán contar cun espazo protagonista dentro da programación co nome de Parque Activo. Desde este luns 13 de xullo, os xardíns do Campo da Feira converteranse no epicentro das actividades infantís, cunha programación diaria ás 18.30 horas durante a semana previa ao pregón.

O ciclo arrancará con A voar, da compañía Cé Orquestra Pantasma, para continuar con Sorrisos máxicos, do Mago Paco. Tamén pasarán polo escenario Sherezade, Aladino e os tres beduínos, de Teatro Ghazafelhos, e De Vilatriste a Vilalegre, de Teatro O Cubo.

Estas actividades, a cargo da Biblioteca Municipal de As Pontes, teñen un horario de 11-30 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas. Ademais, todos os días ás 19:45 horas celebrarase un sorte de agasallos sorpresa entre os nenos e nenas participantes.

Como broche final, o mércores 22 de xullo celebrarase unha gran tarde de xogos, inchables e festa da escuma na avenida da Coruña, unha das actividades máis esperadas polo público infantil.

PROGRAMA COMPLETO

0.13288187980652