Festas das Pontes: O xoves terá lugar a tradicional comida das Cármenes 2026

A tradicional comida das Cármenes, que se celebra nas Pontes coincidindo coas festas patronais, celebrarase este xoves, 16 de xullo, no restaurante La Tremenda, mantendo viva unha das citas máis queridas e agardadas por veciñas e veciños.
Este encontro, que cada ano reúne a múltiples xeracións, anima a traer un acompañante, co obxectivo de compartir un día de amizade e convivencia en torno á festividade das Cármenes.