Festas de Santa Isabel en Lieiro, en Cervo, coa París de Noia

TerraChaXa | AMariñaXa
6 Jul 2019

As festas na honra de Santa Isabel celébranse na localidade cervense de Lieiro dende o sábado 6 de xullo ata o luns, 8. Na primeira xornada, o grupo Rebolaxe de San Cibrao percorrerá as rúas coa súa música, antes da misa solemne na capela de Guioncho. A continuación, o grupo Fénix amenizará a sesión vermú e xa a partir das 23.30 horas, ao palco de orquestras se subirán os Satélites e New York.
O domingo 7 de xullo, ás 13.00 horas, a misa solemne na igrexa parroquial será cantada pola coral Terramare e a orquestra Palladium amenizará á verbena das 22.30 xunto á París de Noia.
Por último, o luns, ás sete da tarde, actuará o grupo folclórico Mistura de Lieiro e para rematar as festas organizadas pola asociación cultura Santa Isabel de Lieiro, o grupo Fénix amenizará a gran sardiñada.

0.15690016746521